Galicia supera xa os 2.400 falecidos con covid

A Xunta informou de dúas novas vítimas de 102 e 68 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 21:14

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron de dous novos falecidos con covid-19 en Galicia e que elevan a 2.401 o total de vítimas da pandemia na comunidade autónoma.

En concreto, un deles tratouse dun home de 68 anos, que se atopaba ingresado no Hospital Vithas Vigo e que faleceu ao longo do xoves.

O segundo caso, rexistrado este venres, tratouse dunha muller duns 102 anos de idade, no Hospital do Salnés. Ambos presentaban patoloxías previas, segundo engade a Consellería de Sanidade.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta