Case a metade dos galegos recibiron xa polo menos unha dose das vacinas

Hai máis de medio millón de persoas inmunizadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2021 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Galicia superou as 524.900 persoas coa pauta completa de vacinación contra a covid-19 tras administrar case 1,58 millóns de doses, o 95,8% das recibidas. Segundo datos difundidos este sábado pola Consellería de Sanidade, na última xornada completaron a pauta de vacinación un total de 7.630 persoas e 1.063.050 recibiron polo menos a primeira picada. Ademais, na comunidade foron inoculadas 1.575.711 dose --11.717 máis que a xornada anterior-- das 1.645.165 recibidas.

VACINACIÓN POR IDADE

Segundo a idade, ata a data foron vacinadas 129.579 persoas maiores de 85 anos (+188); 95.021 de 80 a 84 anos (+107); 131.673 de 75 a 79 anos (+463); 146.608 de 70 a 74 anos (+1.172); 147.902 de 65 a 69 anos (+1.456); e 163.277 de 60 a 64 (+1.544). Deste xeito, os galegos que recibiron polo menos unha dose alcanzaron os 1.063.050, o que supón o 44,99% da poboación susceptible de recibir a vacina contra a covid-19.

Vacina. Marta Fernández Jara - Europa Press
Vacina. Marta Fernández Jara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta