Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2021 | Actualizada ás 12:08
Renfe decidiu reforzar o servizo de Madrid a Galicia deste luns, 17 de maio, con motivo do festivo das Letras Galegas ao identificar unha alta demanda de regreso. Segundo informa Renfe este venres, reforzou o Alvia que sae de Madrid o 17 de maio ás 15,00 horas con 228 prazas ao dispor dun tren de dobre composición ata A Coruña.
Por outra banda, Renfe engadiu 41 novos trens ás circulacións programadas para este fin de semana, o primeiro sen estado de alarma e que tamén coincide coa festividade de San Isidro en Madrid e o día das Letras Galegas en Galicia, co fin de reforzar con 15.413 novas prazas as liñas dos principais corredores.
Actualmente, destacan dende a compañía, Renfe oferta entre un 40% e un 50% das prazas que operaba normalmente antes da pandemia nos seus servizos comerciais, é dicir, en AVE e Longa Distancia; unha redución que valeu as críticas de parte dos seus usuarios nos meses inmediatamente posteriores á desescalada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.