Tres persoas trasladadas ao hospital tras un choque en Bergondo

Un dos feridos tivo que ser excarcerado do seu vehículo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2021 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Un total de tres persoas foron trasladadas ao hospital tras resultar feridas nunha colisión entre dous vehículos no concello coruñés de Bergondo. Segundo detallou o 112 Galicia, os feitos producíronse ao redor das 23,30 horas deste sábado, cando un particular contactou co centro de atención integrada ás emerxencias para alertar de que tivera lugar un accidente de tráfico na AC-164, á altura do punto quilométrico 4,800.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Posteriormente, o CIAE 112 Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Betanzos e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo e de Miño.

Unha das persoas implicadas no accidente tivo que ser liberada do interior dun dos vehículos sinistrado. Ademais, esta e outras dúas precisaron asistencia médica. Finalmente, o tres persoas feridas, unha delas de consideración, foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta