O 36% dos galegos xa teñen unha dose da vacina e o 23% están completamente inmunizados

O Sergas inocula o 97,7% das doses recibidas e os pacientes con polo menos unha picada ascenden a 855.022

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2021 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Un total de 544.007 galegos contan xa coa pauta completa da vacina contra o coronavirus, 9.193 máis que 24 horas atrás, o que implica que o 23,02% das persoas susceptibles de vacinar en Galicia están xa inmunizadas.

Ademais, os galegos con polo menos unha picada sitúanse nos 855.022 --o 36,19%--, un aumento de 2.715 nun día. Estas cifras permiten deducir que a xornada do domingo o Servizo Galego de Saúde (Sergas) centrouse na administración de segundas doses.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns, Galicia inoculou ata a data un total de 1.607.310 vacinas --12.070 no último día--, o que supón o 97,7% das 1.645.165 recibidas.

VACINACIÓN POR IDADE

Segundo a idade, ata a data foron vacinadas 129.596 persoas maiores de 85 anos (sen cambios); 95.033 de 80 a 84 anos; 131.690 de 75 a 79 anos (+4); 146.638 de 70 a 74 anos; 147.911 de 65 a 69 anos; e 163.299 de 60 a 64 (+11).

Deste xeito, as persoas vacinadas maiores de 60 anos en toda Galicia ascenden a 814.163, que supoñen 11 máis que o día anterior e o 93,48% do total da poboación deste grupo de idade susceptible de vacinar.

A estas persoas engádense 110.774 de 55 a 59 anos (+3.040); 38.822 de 50 a 54 anos (+23); 29.874 de 45 a 49 anos (+36); 26.985 de 40 a 44 anos (+28); 19.561 de 35 a 39 anos (+16); 15.716 de 30 a 34 anos (+13); 12.693 de 25 a 29 anos (+2); 6.632 de 20 a 24 anos (+3); 658 de 15 a 19 anos (sen cambios); e unha de 10 a 14 anos (sen variación).

Unha sanitaria vacina a unha muller maior de 80 anos coa dose de Moderna no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo / Europa Press. / Europa Press
Unha sanitaria vacina a unha muller maior de 80 anos coa dose de Moderna no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta