Milleiros de persoas desafían á Covid e enchen o Obradoiro ao berro de "En Galicia, en galego"

É a primeira gran manifestación que vive o país desde que estamos en pandemia. Marcos Maceira denuncia que é "unha lingua só aparentemente oficial" porque "non se pode empregar en todo e para todo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2021 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

Milleiros de persoas ateigaron a Praza do Obradoiro de Santiago neste luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, durante o transcurso dun acto convocado pola plataforma Queremos Galego para reivindicar o uso do idioma propio fronte ás políticas lingüísticas da Xunta.

Múltiples colectivos sociais, sindicais e políticos secundaron esta protesta celebrada desde as 12,00 horas no centro neurálxico do centro histórico compostelán, onde soaron con forza as xa habituais consignas: "En Galicia, en galego!".

Esta mobilización, habitual do 17 de maio, configurouse como a cara oposta aos actos institucionais do Día das Letras Galegas organizados pola Real Academia Galega (RAG) e coa participación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que este ano se centralizaron en Vigo por ser a cidade onde desenvolveu gran parte da súa vida Xela Arias, poeta á que se dedica a festividade neste 2021.

Varias persoas concéntranse na Praza do Obradoiro, a 17 de maio de 2021, en Santiago de Compostel
Varias persoas concéntranse na Praza do Obradoiro, a 17 de maio de 2021, en Santiago de Compostel | Fonte: César Arxina - Europa Press

"TOMAR CONCIENCIA"

Con carácter previo á protesta, o portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, compareceu ante os medios para explicar a necesidade de "tomar conciencia" sobre a situación do idioma e que isto "se torne en práctica reparadora" co seu "recoñecemento pleno e íntegro". "Iso é o que aínda non fai o Goberno autonómico. Levamos 40 anos de autonomía que aínda non serviron para repor, rehabilitar e normalizar completamente a lingua galega", denunciou.

Tras lembrar as reiteradas consideracións do Consello de Europa e Nacións Unidas sobre a situación do galego, Maceira lamentou que sexa "unha lingua só aparentemente oficial", porque "non se pode empregar en todo e para todo".

"Non é unha lingua oficial aquela que está excluída da atención sanitaria en plena pandemia, aquela que está excluída practicamente en todos os contidos audiovisuais. Non é unha lingua oficial a que non se pode empregar ou o emprego é arbitrario en función do que decida o funcionariado na administración pública", resaltou o portavoz de Queremos Galego.

"QUEREMOS GALEGO, XA!"

Este evento de Queremos Galego, de marcado carácter festivo e reivindicativo, contou coa música do artista Xiao Berlai e coa actriz Isabel Risco como presentadora, quen lanzou proclamas a favor do emprego da lingua que recibiron o aplauso de todos os asistentes: "Queremos galego, xa!".

"Hai que falar galego, é a única maneira de defendelo! O galego vale para todo e, ademais, combina con todo, que se decate Inditex!", berrou.  Así mesmo, Isabel Risco cargou contra a Xunta de Alberto Núñez Feijóo: "Non é normal, é unha anomalía que teñamos un goberno que non estea a facer políticas lingüísticas. A súa única política lingüística é un xenocidio, que roza a nosa lingua e tenta meterlle glifosato!".

OUTROS PARTICIPANTES

Durante o acto, tamén se deu lectura a un manifesto a favor da normalización en boca de diferentes personalidades: a Coordinadora de Traballadoras pola Normalización da Lingua, Anxos Sobriño; polo estudante de secundaria Eduardo Armas; pola traballadora do aeroporto de Santiago Marta Romeu; e polo actor de dobraxe Antón Rubal Pernas.

O escenario tamén contou coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ademais doutros cargos de formacións políticas, entre elas Anova, que se se espallaron por toda a Praza do Obradoiro.

Nenos nunha protesta de Queremos Galego
Nenos nunha protesta de Queremos Galego | Fonte: Wsobchak
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

1 nostrus

"En Galicia, en galego!" Esta es una frase fascista porque en Galicia hay dos lenguas oficiales para que las personas elijan cual quieren usar. Seria adecuado decir "en Galicia tamén en galego", pero decir "en Galicia en galego" es una frase que se entromete en la voluntad de las personas, muy distinta en cuanto a tolerancia del eslogan de la asociacion "hablamos español" en la que se reafirma en la voluntad de quienes quieren hablarlo, pero sin entrometerse en la voluntad de quienes no quieren hacerlo. Esa es tambien la diferencia entre A Mesa y Hablamos Español, intolerante y totalitaria una y demócrata y tolerante la otra. La oficialidad de una lengua obedece a la realidad lingüistica de un territorio y no a razones identitarias y maniáticas. En la región de Galicia hay dos lenguas oficiales que aportan riqueza cultural e identidad y el nacionalismo en su fanatismo se olvida de una de ellas creando una identidad ficticia.

1 uu1

Nostrus prefere a frase da Sindical da Coruña durante a ditadura “Hable bien. Sea Patriota - No sea bárbaro. Es de cumplido caballero que Vd hable nuestro idioma oficial o sea el castellano. Es ser patriota. Viva España y la Disciplina y nuestro idioma Cervantino”. “La oficialidad de una lengua obedece a la realidad lingüistica de un territorio”, really? Será por isso que a partir do século XVI na Galiza e ata há bem pouco, o único idioma oficial era o castelhano falado minoritariamente, mas pela gente que tinha e tem o poder, e será a realidade linguística em Puerto Rico onde o único idioma oficial é o inglês, também minoritário.

2 Sentidiño

"La oficialidad de una lengua obedece a la realidad lingüistica de un territorio y no a razones identitarias y maniáticas": Si home si, coma sucede co éuscaro ou o corso en Francia, coma sucede co español nos Estados Unidos.... París e Washington non as recoñecen "porque non son unha realidade lingüística"... Átame esa mosca polo rabo!

3 nostrus

Sentidiño, A oficialidade lingüistica dunha lingua obedece a realidade ligüistica "social" dun territorio, alomenos nunha democracia e desde logo non ao orixe duna lingua, porque si así fora en Roma estarían obrigados a falar latin argumentando que se orixinou alí e o español non podería ser oficial en Colombia porque non se orixinou alí. Tamén podedes dicir que en América se fala español porque fomos alí os españoles, e neso tedes razón, pero si houberan ido os alemanes alí falaríase aleman, pero como fomos os españoles a realidade lingüistica social de Hispanoamérica é o español, ¿quédavos claro? ¡hai que masticárvolo todo!!!. Xa sei que para vos pesan mais as manías relixiosas que as realidades sociales, pero o galego é oficial en Galicia porque responde a realidade lingüistica social e non a trapalladas nacionáticas. Seguide na vosa paranoia.

4 Alomenos nunha democracia

Se España é unha democracia plena, como explica o ilustre catedrático da 'realidade ligüistica "social" dun territorio' a situación de Ceuta, co árabe ceutí, que empregan o 42% da poboación, entre a total marxinación e o desprezo? Outra mostra de língua minorizada está en Melilla, co tamazig (bereber). Falamos do astur-leonés (oficial en Miranda do Douro, Portugal), do aragonés, do gascón ou do guanche no Estado español? Son datos da UNESCO, que igual acreditan en informes de perigosos separatistas e antisistema. Claro que, xa cho dixeron, como Puerto Rico, Estados Unidos e Franza tampouco son democracias, verdade Ilustrísima? Remoe un pouco máis e non te indixestes coa túa realidade atrofiada en democracia!

5 nostrus

Xa, entón ti queres dicir que a xente hai que obrigala a facer o que é típico nese territorio; os galegos estan obrigados a tocar a gaita e a falar galego porque é típico en Galicia...¿non?, os navarros estarían obrigados a correr diante dos touros porque son navarros, ¿certo?, os andaluces deberían cantar flamenco porque son andaluces. E digo eu...¿os galegos debemos acudir a misa porque é moi típico en Galicia acudir a misa?. Non mestures que unha lingua sexa moi falada nun territorio con que responda a súa realidade lingüistica social.

6 uu1

O únicos pais onde a realidade social é respeitada é a Suíça, e por isso não há um idioma suíço mas há vários, claro é que os nostrus de turno com a sua intolerância e demagogia nunca olharão cara um pais cujo progresso, tolerância e qualidade de vida são indiscutíveis. E sim na américa fala-se uma variedade do castelhano, que repito, os intolerantes demagógicos supremacistas como nostrus desprezam como “latino” e assim há uma versão de filmes e series para mais de 500 milhões que aos nostrus não lhe serve e por isso há outa para menos de 50. Que cousas tenhem as realidades sociais...mais uma vez o nostrus fazendo o ridículo!

7 nostrus

uu1 No, el ridículo lo haceis los que creeis que es mejor cuantas mas lenguas haya, mejor cuantas más religiones, mejor cuantas más monedas, haceis el ridículo los que otorgais a ls lenguas condiciones y derechos que solo tenemos las personas. Las lenguas hay las que hay y hay que aceptarlas mientras sea posible, pero no hay que convertirlas en religión, aunque le podeis rezar todos aquellos que así lo deseeis. Explicame porque os fanatizais con el gallego y no lo haceis con el latín y decidme porque no os es suficiente que hable gallego el que lo desee y porque debería hacerlo quienes no lo deseen, explícame que ganaríamos los gallegos si fuésemos monolingües en gallego.

8 Aprendiz

Nostrus, podías explicar o concepto que tanto reiteras e, sospeito, serás ben capaz de desenvolver e clarexar aos pobres confundidos na névoa da línguas: que é a "realidade lingüística social"? Agradecería inmenso que cites fontes académicas, bibliografía, tratados, doutrina e publicacións científicas concretas que mostren as tres palabras como unha unidade (sen separación ou enumeración de elementos). Agardamos que domines o tema, seguro que che resultará moi doado dada a insistencia con que pontificas, logo ficaremos todos agradecidos por saber que non es un troll simplista que repite unha cantinela sen sentido para provocar. Explica o de "Non mestures que unha lingua sexa moi falada nun territorio con que responda a súa realidade lingüistica social". Entón, cal é o criterio da realidade?

9 uu1

Aqueles do ““monolingüismo exclusivo” são vocês que desprezam não só línguas como o galego, mas também a variedade maioritária do castelhano e até a única língua global (inglês) pensando que o seu dialeto minoritário é a língua universal. Ridículo é a palavra para vos definir.

10 nostrus

Pues mira Sr. Aprendiz, en Mallorca se habla mucho alemán porque hay muchos alemanes, pero el alemán no pertenece a la realidad lingüistica social de Mallorca. En cambio el mallorquin o el español si que pertenecen a la "realidad lingüistica social" de Mallorca. En El Barco de Valdeorras también hay muchos portugueses, pero el portugués no pertenece a la "realidad lingüistica social" del Barco de Valdeorras, en cambio el español (o castellano) y el gallego si. Creo que queda suficientemente claro si hay buenas ganas de entenderlo. El fanatismo galleguero le gustaria convertir al gallego en la única lengua oficial de Galicia a pesar de que el monolingüismo no pertenece a la realidad lingúistica social gallega, porque en Galicia existen dos lenguas vivas y oficiales, una que nos hace diferentes y otra que nos hace iguales a otros pueblos, conformando entre ambas la veradera realidad y la verdadera identidad de Galicia.

11 Aprendiz

Grazas Nostrus polo intento de resposta, mágoa que sigo agardando máis de ti. Coa túa sensibilidade polos valores da democracia, formación como lingüista documentado e sabedoría en ciencias humanas podías citar fontes exactas que definan "realidad lingüistica social" (sic)? Non sexas modesto, podes até facer autocitas. Iso si, por favor, non repitas o mantra sen antes aclarar conceptos tan elaborados. Os que non estamos ao teu nível ficamos perdidos na escuridade e queremos ilustrarnos. Concordo na certeza dos baleares ou os galegos de The Boat, e logo os arabes ceutís son imaxinarios? Tendo recoñecido a realidade e a oficialidade do mirandés en Portugal, acreditas que non hai veracidade do astur-leonés en España? E se o occitano gascón está autorizado en terras catalanas, onde non existe como idioma legal son seres fantásticos en dominios franceses?

12 nostrus

Aprendiz, ¿de verdade cres que o árabe pertenece a realidade lingüistica social de Ceuta? , eu creo que non, pero de creencias non se pode discutir e si ti o cres, adiante ca tua creenza. Probablemente ti creas que o español non é propio de Galicia e desexarias estirpalo do pobo hasta tal modo que non forme parte do seu sistema nervioso, pero dadesvos de bruces coa realidade, e os que non somos coma vos non debemos permitir que nos intentedes expropialo. Sinxelamente tratades de impoñer o galego polo feito de que é típico de Galicia sin permitir a liberdade das personas para decidir o seu uso. Non me sabes respostar si tamén debemos saber tocar a gaita polo feito de que tamén é típica de Galicia. ¿Que terá o galego para que vos fanaticedes tanto nel?

13 Aprendiz

Disimula Nostrus, non todos acadamos o seu dominio na interpretación das sociedades. Sería ousado responder, pois por terceira vez pregunto cal é a base da "realidade lingüistica social" (sic)? Procurei definición en medios académicos, lamento que ningún sociolingüista a cite. Quero pensar que vostede manexa argumentos solventes, fontes novidosas, por iso pretendo darlle unha oportunidade para difundir a súa tese como se merece tan 'formidable invention'. Sabendo que coñece destacados traballos das universidades de Granada e da Autónoma de Madrid, como os de Moscoso García e Moreno Cabrera, e que os terá amplamente superado co seu método de investigación social. Mágoa descoñecer as súas referencias críticas, por iso sostemos que en Ceuta o árabe existe, ten implantación territorial e histórica. Sospeito que debe haber algún elemento que só manexa o señor, dada a altura intelectual e humana manifestada, e que aos humildes non nos foi revelado.

14 nostrus

Pois si non es capaz de adiviñar o que significa realidade lingüistica social tampouco serás ti capaz de explicarme porque "en Galicia en galego" habendo duas linguas oficiais para a escolla da cidadania. Explícame porque só o galego debe ser a lingua de Galicia, si é por razons relixiosas, maniáticas ou de calquer outro xeito, explícame que ten o galego para que se convirta no voso opio. Galego SI, pero en liberdade.

15 Aprendiz

Nostrus, quere xogar as adiviñas? Cando, pola incapacidade manifesta, nin vostede mesmo sabe que significan os termos que tanto propaga. Nada, só ruído! Abonda, a súa oportunidade xa foi!

16 nostrus

Non vou cair no teu xogo nin tratar de convencer a quen nunca se daría por convencido cando é tan sinxelo analizar tres palabras por separado ; "realidade" "lingüistica" "social". Ti si que non es capaz a dicirme que ten o galego de especial para que vos fanaticedes nel e non na gaita ou no lacón. Desafíote a que o fagas. Dime de paso tamén, si te atreves, si o castelán forma ou non parte tamen a identidade de Galicia.