Letras Galegas: Caballero reclama á Xunta políticas de "discriminación positiva" para o galego

Pontón esixe á Xunta que acabe coas "políticas lingüicidas" para "desconfinar" o galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2021 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu á Xunta que acabe coas súas "políticas lingüicidas" para así poder "abrir unha nova etapa" na que se "desconfine" o idioma galego.  Así se pronunciou a líder nacionalista en declaracións aos medios antes de participar no acto convocado pola plataforma Queremos Galego para este luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Praza do Obradoiro.

"Estamos aquí miles de persoas para reivindicar o orgullo de ter unha lingua propia, sendo conscientes de que o futuro do galego é tamén o futuro dunha Galicia máis forte", asegurou. Por iso, Ana Pontón chamou a "seguir traballando para que o galego gañe espazos" e "normalidade", porque iso "é sinónimo de vitalidade para o país".

Disto serviuse para manifestar a súa "preocupación" ante a situación "á que está a conducir o Partido Popular" a esta lingua: "Vemos como, despois de 12 anos de políticas lingüicidas, o galego é a única lingua que perde falantes no Estado".

En concreto, a portavoz nacional do BNG responsabilizou desta decadencia ao polémico decreto lingüístico da Xunta en materia educativa de hai unha década --ao que tachou de "decreto da vergoña"--, porque "impide que miles de mozos teñan competencia en galego".

"Por iso desde aquí queremos reclamar un cambio de rumbo neses decretos e nesas políticas lingüicidas e abrir xa unha nova etapa para o galego no que desconfinemos o noso idioma como a mellor forma de demostrar o orgullo que temos de ser desta terra, deste país e por un futuro mellor para todos e todas", concluíu.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na manifestación de Queremos Galego polo Día dás Letras Galegas 2021.. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na manifestación de Queremos Galego polo Día dás Letras Galegas 2021.. BNG

GONZALO CABALLERO

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou á Xunta que articule políticas de "discriminación positiva" non só para a lingua galega ante a perda de falantes, senón tamén para o sector cultural tras o golpe da crise covid.

En declaracións aos medios antes de participar xunto a miles de persoas na mobilización convocada por Queremos Galego para este luns 17 de maio, Día dsas Letras Galegas, o líder socialista fixo un chamamento a "pór en valor" o idioma propio de Galicia a través de "apoio e discriminación positiva".

"O galego é un valor común, é a nosa cultura, é a nosa forma de entender o país e queremos, neste Día dás Letras Galejas, festexar e reivindicar máis galego", engadiu. Caballero tamén sinalou ao galego como unha lingua que permite a comunicación co mundo lusófono e que "é totalmente compatible cunha visión cosmopolita", a pesar do retroceso de falantes que sofre "en boa parte" da mocidade.

O secretario xeral dos socialistas galegos (PSDG), Gonzalo Caballero ofrece declaracións aos medios durante unha concentración na Praza do Obradoiro, a 17 de maio de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Con motivo de l. César Arxina - Europa Press
O secretario xeral dos socialistas galegos (PSDG), Gonzalo Caballero ofrece declaracións aos medios durante unha concentración na Praza do Obradoiro, a 17 de maio de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Con motivo de l. César Arxina - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta