Temas: ENCOROS AUGA

A reserva hídrica mantense estable en Galicia pero por debaixo da media da última década

Segundo os datos aportados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, a reserva hídrica mantense en torno ao 70% da súa capacidade, lonxe tamén das cifras que había o ano pasado a estas alturas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

A reserva hídrica mantense estable na última semana en Galicia en torno ao 70% da súa capacidade, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Deste xeito, o encoro de Miño e Sil contan con 2.113 hectómetros cúbicos, só un máis que a semana anterior. Supón o 69,7% da súa capacidade. Está lonxe das cifras que había o ano pasado a estas alturas (2.572) e tamén por baixo da media da última década.

Pola súa banda, os encoros de Galicia Costa atópanse coa mesma reserva de sete días antes, con 494 hectómetros cúbicos. Está ao 72,2% da súa capacidade. Igualmente, está por baixo do dato dun ano antes e dos últimos 10 anos.

A reserva hidráulica incorporou na última semana 61 hectómetros cúbicos de auga aos encoros en España, aínda que esta cantidade non se reflicte na porcentaxe total, que se mantén no 60,8% da súa capacidade, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que informa de que nestes momentos os encoros gardan 33.987 hectómetros cúbicos.

Encoro de Belesar, preto dos Peares.
Encoro de Belesar, preto dos Peares.

Temas: ENCOROS AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta