A pandemia non rematou e segue causando estragos: catro novas mortes en Galicia

O total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase a 2.409.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/05/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Galicia rexistra catro novos falecidos con coronavirus nas última horas, segundo a información notificada este martes pola Consellería de Sanidade. Deste xeito, o total de vítimas desde o inicio da pandemia elévase a 2.409. Un dato que demostra que a pandemia non rematou e que as alertas deben seguir acendidas.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

O pasado sábado, 15 de maio, faleceu un home de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Tamén no CHUS produciuse a morte dunha muller de 64 anos, pero neste caso foi o domingo, 16 de maio.

Pola súa banda, o pasado luns, 17 de maio, tivo lugar a morte dunha muller de 72 anos no CHOP de Pontevedra, así como un home de 95 anos no CHUO de Ourense. Estas catro persoas tiñan patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta