O impacto da covid: sobe un 2% o número total de mortes en Galicia

A Coruña preséntase como a provincia máis damnificada neste 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2021 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total 12.202 mortes nas 18 primeiras semanas de 2021 --ata o 2 de maio--, o que supón unha diminución do 1,94% con respecto ao mesmo período de 2020, é dicir, 242 defuncións menos. Con todo, se a comparativa se fai con 2019, arroxa un exceso de 255 decesos (+2,13%).

Así figura nos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que realiza unha táboa experimental durante o brote de covid con cifras de óbitos que actualiza cada dúas semanas. Esta caída interanual no que vai de 2021 explícase porque a comparativa inclúe xa a primeira onda de mortes pola pandemia de coronavirus. Por iso é polo que houbo máis defuncións nese período de 2020 que no deste ano, debido á intensidade con que golpeou entón a covid.

En calquera caso, no conxunto estatal a redución de mortes é moito maior nestas primeiras 18 semanas de 2021 que no caso galego, ao contabilizarse un descenso do 14,66%. Na comparativa por provincias, obsérvase, con todo, que A Coruña anotou máis mortes nestas primeiras 18 semanas do ano que nas de 2020 (un 7,97% máis). En cambio, hai descensos nas outras tres provincias galegas na comparativa interanual: Ourense (-11,54%), Lugo (-9,45%) e Pontevedra (-5,96%).

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta