A reunión de coordinación estatal obriga a pospoñer a xuntanza do comité clínico que asesora á Xunta

A reunión do comité realizarase o xoves pola tarde e nel analizarase a situación epidemiolóxica de sete concellos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade pospuxo a reunión do comité clínico que asesora á Xunta na toma de decisións na pandemia e que ía someter a exame as primeiras dúas semanas desde o fin do estado de alarma e a 'desescalada' galega.

Faino, segundo informaron fontes do departamento que dirixe Julio García Comesaña, pola reunión de coordinación do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) que se celebra tamén na tarde deste mércores "á mesma hora", aínda que xa estaba convocada con anterioridade, como é habitual cada semana.

Finalmente, a reunión do comité clínico terá lugar na tarde do xoves e, ademais de revisar os horarios dos bares que serven comidas --como taperías-- pero sen licenza de restaurante, tamén se analizará a situación epidemiolóxica de sete concellos que poden subir de nivel de restrición.

Concretamente, estarán no punto de mira os municipios de Lobios, Moraña, Ponte Caldelas, A Pobra do Caramiñal, Cee, O Barco de Valdeorras e Mos.

Reunion do comite clínico do 13 de abril de 2021 / Europa Press. / Europa Press
Reunion do comite clínico do 13 de abril de 2021 / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta