O prazo para que os concellos con 1.100 desempregados pidan axudas de contratación acaba este xoves

Os contratos terán unha duración de nove meses a tempo completo. Terán prioridade os municipios fusionados e os emprendedores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O prazo de solicitude de axudas para a contratación en municipios de 1.100 desempregados, que se encargarán de prevención de incendios e vixilancia en praias, acaba este xoves, 20 de maio.

En concreto, a Consellería de Emprego e Igualdade apoia con 8,5 millóns de euros á administración local a través do programa Aprol Rural --para 600 contratacións-- e o destinado a obras ou servizos de interese xeral ou social --para 500 persoas--.

Os contratos terán unha duración de nove meses a tempo completo. Terán prioridade os municipios fusionados e os emprendedores. Os dous programas publicáronse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 20 de abril.

Estas dúas iniciativas buscan facer fronte aos efectos que a pandemia está a causar sobre o mercado laboral, segundo informa a Consellería de Emprego nun comunicado.

Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo. EUROPA PRESS - Arquivo
Paro, Parados Emprego, Desemprego, Traballo, INEM, Seguridade Social, Autónomo. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta