Temas: INTERNET

Galicia, entre as comunidades con peor conectividade e velocidade de internet

O Goberno central conta con proxectos para estender o 100Mbps de velocidade ao 92,7% da poboación en 2023.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/05/2021 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

O secretario de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Roberto Sánchez, asegurou este mércores durante a presentación do informe de cobertura que, cos proxectos de extensión de banda ancha en curso, o 92,7% da poboación terá conexión de 100 Mbps en 2023. Precisamente, segundo os últimos datos, Galicia está entre as comunidades con peor conectividade e velocidade de internet.

Persoa navegando por internet
Persoa navegando por internet | Fonte: Remitida.

O paso anunciado polo secretario de Estado suporía que 43,7 millóns de persoas terían acceso a banda ancha a esta velocidade, na liña co obxectivo do Goberno de que o cento por cento dos españois gocen desta tecnoloxía para 2025, vital para a dixitalización.

Ademais, Sánchez asegurou que "en breve" se levará a cabo unha primeira convocatoria pública para as axudas á extensión da banda ancha en zonas rurais, unha vez remate a consulta de zonas grises e brancas, e, en xuño de 2021, convocarase unha consulta pública para axudas en redes móbiles.

O informe de cobertura presentado representa a xullo de 2020 a porcentaxe de penetración da cobertura a través de rede fixa no Estado e a súa evolución nos últimos anos, por iso hai proxectos executados ou adxudicados que non se representan.

GALICIA, NOS PEORES POSTOS

A nivel xeográfico, Galicia e Castela e León eran a finais de xullo de 2020 as dúas comunidades autónomas cun menor nivel de penetración da banda ancha ultrarrápida, unha circunstancia que Sánchez atribuíu a, entre outras, a súa orografía.

Cos proxectos PEBA aprobados en curso, Comunidade Foral de Navarra e Galicia serían as comunidades que menor porcentaxe de fogares terían cubertos por conectividade de máis de 100 Mbs co 83,6% e o 83,7% respectivamente, nove puntos por baixo da media proxectada do 92,7%.

Pola contra, Melilla (100%), Madrid (97,4%) e País Vasco (96,2%) serían as que terían unha mellor cobertura.

Temas: INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta