Quintana, contra a eliminación da bonificación do combustible: "a ruína económica das empresas armadoras"

A conselleira do Mar móstrase "totalmente en contra" da eliminación da bonificación do combustible para a frota pesqueira: "aínda que foi declarada como esencial no momento da pandemia, parece que agora xa non son importantes para a Unión Europea".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2021 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mostrouse "totalmente en contra" da eliminación da bonificación do combustible para a frota pesqueira e advertiu de que esta decisión "podería ser a ruína económica das empresas armadoras".

"É preciso seguir mantendo esta bonificación para unha frota, que, aínda que foi declarada como esencial no momento da pandemia, parece que agora xa non son importantes para a Unión Europea", lamentou Quintana, a preguntas dos medios de comunicación en Ferrol.

A titular autonómica referiuse a a posibilidade de que se retiran estas axudas para defender que é "preciso e fundamental" que se aposte pola súa continuidade, que pode ter efectos na competitividade dos buques.

"Se isto non fora así, podería ser a ruína económica das empresas armadoras. É dicir, a diferenza de que un buque sexa competitivo ou non moitas veces está no prezo do gasóleo", insistiu, para sinalar que a sociedade debe ser "plenamente consciente" de que é necesario "seguir apoiando" esta medida.

Conselleiras de Medio Ambiente e Mar, Ángeles Vázquez e Rosa Quintana
Conselleiras de Medio Ambiente e Mar, Ángeles Vázquez e Rosa Quintana | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta