O Sergas prosegue con cribados con máis dun milleiro de convocados en Moraña

Está previsto convocar vía SMS a unhas mil persoas de Moraña de entre 15 e 29 anos e de 40 a 49 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prosegue cos cribados poboacionais para detectar casos de Covid-19 entre persoas asintomáticas con máis dun milleiro de convocados para probas PCR en Moraña.

Segundo informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés convocou un cribado voluntario mediante PCR que terá lugar no pavillón municipal de Moraña durante as tardes deste xoves, 20 de maio, e do venres, a partir das 15,30 horas.

A esta iniciativa preventiva, puntualizan as mesmas fontes sanitarias, está previsto convocar vía SMS a unhas mil persoas de Moraña de entre 15 e 29 anos e de 40 a 49 anos con cartón sanitario asignada no centro de saúde.

Para levar a cabo este cribado a área sanitaria contará no pavillón municipal con dous equipos de enfermaría en cada quenda, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización de tomas de mostras e información a usuarios.

A maiores, esta área sanitaria pontevedresa tamén realizará este xoves cribados entre a comunidade educativa escolar do CEIP Santa Lucía de Moraña.

Dispositivo de cribado masivo
Dispositivo de cribado masivo | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta