Galicia segue á baixa en casos activos e hospitalizados con covid

Con todo, os novos contaxios repuntaron a 183, 55 máis que o pasado mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2021 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Os novos contaxios de Covid-19 en Galicia repuntaron a 183, que supoñen 55 máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos descenderon a 2.701, que implican 43 menos. Pola súa banda, os pacientes ingresados por este coronavirus descenderon lixeiramente a 160, dous menos.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, descenden a 32 os pacientes Covid en UCI, seis menos; e ascenden a 128 os que se atopan noutras unidades, catro máis. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria redúcese en tres das sete --Vigo, Lugo e Pontevedra-O Salnés--; aumenta na da Coruña e Cee, e mantense nas outras tres --Ourense, Santiago-Barbanza e Ferrol--.

En concreto, na área de Vigo caen a oito os hospitalizados en UCI --tres menos-- e seguen 33 noutras unidades. Polo seu lado, na de Pontevedra e O Salnés continúan sete en críticos e descenden a 19 os ingresados noutras unidades --un menos--, mentres que na de Lugo redúcense a oito os doutras unidades --un menos-- e prosegue un en Unidade de Coidados Intesivos.

Pola súa banda, na área da Coruña e Cee descenden a sete os pacientes ingresados en UCI --dúas menos-- e soben a 36 os que permanecen noutras unidades --cinco máis--. Na área de Ourense seguen tres en UCI e 10 noutras unidades; na de Santiago e Barbanza continúan cinco en críticos e 19 noutras unidades de hospitalización; e na de Ferrol aínda que baixa a un paciente en UCI --uns menos-- soben a tres os doutras unidades --un máis--.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos manteñen por segunda xornada consecutiva a tendencia descendente e redúcense a 2.701, que supoñen 43 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (226) que contaxios (183). Por áreas sanitarias, descenden nas da Coruña e Cee (-30); Pontevedra e O Salnés (-17); Ourense (-10); Santiago e Barbanza (-3) e Lugo (-1); mentres que soben lixeiramente nas de Vigo (+14) e Ferrol (+4).

Deste xeito, a de Vigo continúa á cabeza en infeccións activas con 831; seguida da Coruña e Cee, con 568; Santiago e Barbanza, con 440; Pontevedra e O Salnés, con 395; Ourense, con 211; Lugo, con 168; e Ferrol prosegue á cola con 88.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

Con respecto aos contaxios de Covid-19 detectados no conxunto de Galicia mediante calquera tipo de proba, repuntaron a 183, tras iniciarse esta semana con 107; subir a 116 o martes e a 128 o mércores. Deles, 167 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas --59 máis que a xornada anterior--, deles 84 na área de Vigo; 25 na de Pontevedra e O Salnés; 21 na da Coruña e Cee; 16 na de Santiago e Barbanza; 14 na de Ourense; 11 na de Lugo; e seis na de Ferrol.

Pola súa banda, a taxa de positividade --porcentaxe de infeccións por test PCR realizados-- mantense nun 3% --en concreto nun 3,18%-- tras subir ao 3,4% a xornada anterior despois de manterse por baixo do 2% no inicio desta semana. Por iso, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

Varias persoas nunha terraza, o día en que entran en vigor novas medidas na hostalaría, en Vigo / Europa Press. / Europa Press
Varias persoas nunha terraza, o día en que entran en vigor novas medidas na hostalaría, en Vigo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta