A Xunta analizará se deixa sen efecto o uso da máscara mentres se fai deporte en zonas urbanas

Sobre a posibilidade de pasear na praia sen ela, o presidente galego di que aínda non está enriba da mesa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/05/2021 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

O debate aberto en todo o Estado sobre a posibilidade de non usar máscara en espazos públicos ou ao aire libre podería mudar antes de tempo algunhas das disposicións que o Goberno galego adoptou hai pouco máis dun mes, entre elas, o seu uso na praia ou mentres se fai deporte. De feito, este xoves, Feijóo recoñecía que o uso da máscara "ten xa pouca relevancia no exterior".

Unha persoa corre en solitario e con máscara un día despois da entrada en vigor da normativa que obriga aos deportistas a facer deporte ao aire libre con máscara.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Unha persoa corre en solitario e con máscara un día despois da entrada en vigor da normativa que obriga aos deportistas a facer deporte ao aire libre con máscara.. M. Dylan - Europa Press - Arquivo

A comezos de abril o Consello da Xunta adaptaba de forma máis restritiva a normativa estatal sobre o uso da máscara na práctica deportiva. Así, decretaba que non se podía usar mentres se facía deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento. Tamén, para as actividades que supoñan un esforzo físico de carácter no deportivo equiparable a este, ao aire libre e de forma individual.

Pero esta norma podería cambiar. Así o avanzou o presidente da Xunta, partidario, agora, de que o uso da máscara non sexa obritario en zonas exteriores debido á melloría da situación sanitaria e, sobre todo, ao ritmo de vacinación. Por iso, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo confirmou que o Comité Sanitario que asesora ao seu goberno volverá analizar esta cuestión. "É algo que llelo imos deixar aos expertos", apuntou ao ser preguntado por GC.

En todo caso, Feijóo lembrou que cando tomou esta decisión restritiva era cando a situación sanitaria en Galicia non era boa "xa que había moitos mortos" e o índice de contaxios estaba disparado. "Quen recomendou o seu uso é un neumólogo que, ademais, fai maratóns", precisou. "Agora a situación mudou completamente", dixo ao lembra que Galicia ten a metade da media estata de taxa de positividade do virus e é unha das zonas con maior índice de vacinación.

PRAIAS

No decreto aprobado tamén se acordaba nun primeiro momento que máscara ía ser obrigatoria no mar, praias e piscinas, no exterior ou cubertas, lagos,  encoros, os ríos ou noutras zonas de baño, mentres se estivera nun espazo determinado. Sen embargo, posteriormente decidiu, como no conxunto do Estado, que o seu uso non fora obrigatorio sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas acódelas usuarias non convivientes.

Con todo, a máscara segue sendo obritatoria nos accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas, lagos e demais contornas acuáticas, así como para o uso de vestiarios de piscinas públicas ou comunitarias, excepto nas duchas.  Sobre esta cuestión e a posibilidade de levantar esta prohibición, Feijóo non se pronunciou e dixo que, polo momento, non está enriba da mesa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta