Os bares sen licenza de restaurante que sirvan comida xa poden abrir este venres ata a unha

Ampliar os horarios neste segmento da hostalaría, que inclúe mesóns e taperías, foi un dos principais acordos que saíu do comité clínico que se reuniu este xoves.

Por E.P. | Cobas (Ferrol) | 21/05/2021 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

Os bares sen licenza de restaurante que sirvan comida en Galicia, como os mesóns e as taperías, poderán abrir xa este venres ata a unha. Así o ratificou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou, en declaracións aos medios en Ferrol, que a Asesoría Xurídica da Xunta ultima unha orde para evitar que no que resta desta xornada haxa "un solapamento de normas".

Ampliar os horarios neste segmento da hostalaría e igualar o horario aos restaurantes foi un dos principais acordos que saíu do comité clínico que se reuniu este xoves. O problema é que, en principio, a previsión era que as novas directrices do consello de expertos que asesora á Xunta desde que arrincou a pandemia entrasen en vigor o sábado ás 00,00 horas.

Isto supuña que este venres este tipo de locais hostaleiros podían atoparse coa obrigación de pechar ás 23,00 horas, aínda segundo a norma en vigor, e a partir das 00,00 horas, de acordo coa nova orde, estarían habilitados para reabrir ata a unha.

MEDIDAS

Para evitar "o solapamento" de normas e evitar "inconvenientes" na "interpretación correcta" das novas directrices sanitarias, o presidente galego recalcou que se articulará unha solución xurídica adecuada, que quedará ratificada na orde do Diario Oficial de Galicia (DOG) que deberá saír nesta mesma xornada.

Desta forma, este venres poderase pechar á unha da madrugada sempre que se cumpra coas obrigacións pertinentes, como ter sistemas de medición da calidade do aire e un rexistro dos clientes que acudan a cear e con reserva previa --medidas que ata agora tiñan que cumprir os restaurantes--.

Terraza / Jesús Hellín - Europa Press. / Europa Press
Terraza / Jesús Hellín - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta