As piscinas comunitarias deberán ter un aforo do 50%

As urbanizacións con piscinas deberán seguir as mesmas normas que se estipularon o ano pasado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2021 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Ante o inicio da temporada de piscinas, o Colexio De Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA) recorda que as medidas de seguridade fronte á Covid-19 estipuladas o pasado ano seguen vixentes para as piscinas comunitarias. O aforo destas instalacións será do 50%, reducíndose a un 30 % naqueles concellos que non estean en nivel baixo ou medio. 

Hotel, piscina, calor, verán, nadar. EUROPA PRESS - Arquivo
Hotel, piscina, calor, verán, nadar. EUROPA PRESS - Arquivo

Ademais do aforo, tamén se regula o uso de máscaras, que deben usarse excepto para bañarse ou tomar o sol. Os usuarios convivintes poderán distribuírse por parcelas cunha distancia de seguridade de 3 metros cadrado de seguridade e estableceranse quendas para o uso das diferentes instalacións.

Tamén se recomenda reforzar a hixienización dos espazos comúns, como as duchas, tres veces ao día. Será cada comunidade de propietarios a que decida quen debe velar polo cumplimento destas medidas.

Dende COAFGA recordan a importancia de ter prudencia á hora de usar xel hidroalcohólico, pois en contacto co sol pode producir queimaduras. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta