A Xunta tacha de "estético" o plan 'España 2050' do Goberno, que "non está a saber resolver problemas" de 2021

Por E.P. | VIGO | 21/05/2021 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia ve o plan estratéxico 'España 2050', presentado nas últimas horas polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, como un "movemento estético", e subliñou que o tecido produtivo está a esperar medidas "a curto prazo".

Así o trasladou o vicepresidente e conselleiro de Economía, Emprego e Innovación, Francisco Conde, en resposta a preguntas dos medios antes de participar na presentación da feira Midtech 2021 en Vigo.

Conde afirmou que a presentación de Sánchez foi "sorprendente desde o punto de vista da perspectiva temporal" porque España ten "neste momento" unha situación de "enorme dificultade a curto prazo". "Falar da España de 2050 cando hai problemas que o Goberno non está a saber resolver en 2021, nin tampouco no contexto de 2030, parece máis un movemento estético de que de contido ou impacto no tecido produtivo", dixo.

A ese respecto, incidiu en que os cidadáns e as empresas "están a esperar decisións a curto prazo", que poñan ao país na senda da transición dixital no contexto da axenda 2030. Por iso, concluíu que a presentación deste informe é "máis unha estratexia de desvío da atención que de contido e impacto real".

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, no acto de presentación da feira Mindtech 2021, no Instituto Feiral de Vigo.
O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, no acto de presentación da feira Mindtech 2021, no Instituto Feiral de Vigo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta