Amelia Pérez, primeira muller á fronte de CC.OO. en Galicia

Aínda que a súa lista foi única, si concorreron outras dúas candidaturas para conformar a Comisión Executiva do sindicato.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2021 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Amelia Pérez Álvarez será a primeira muller o liderar o sindicato CC.OO. en Galicia ao ser a súa candidatura a única presentada para ocupar a Secretaría Xeral no XII Congreso que a organización celebra en Santiago de Compostela.

Aínda que a súa lista é a única que concorre a ocupar este cargo, si concorreron outras candidaturas para conformar a Comisión Executiva do sindicato. Unha delas é a liderada por Amelia Pérez e outra pola secretaria de Finanzas da Federación de Industria do sindicato, Leila Piñeiro. Ademais, ambas encabezan tamén as dúas candidaturas presentadas para configurar a delegación que asistirá ao Congreso Confederal de CC.OO. As propostas están a ser votadas nestes momentos.

Na primeira xornada deste XII Congreso que culmina este venres en Santiago, o secretario xeral saínte de CC.OO., Ramón Sarmiento, decidiu renunciar a revalidar o cargo que ostentaba desde maio de 2017. Unha decisión que fontes consultadas por Europa Press vincularon a que detectara unha falta de apoios.

A sindicalista Amelia Pérez será a primeira muller en liderar o sindicato CC.OO en Galicia
A sindicalista Amelia Pérez será a primeira muller en liderar o sindicato CC.OO en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta