Feijóo reclama ao Goberno que a hostalaría poda abrir o lecer nocturno modificando a normativa

"O que estamos a facer é prepararnos para ir abrindo os locais de lecer nocturno cun protocolo que garanta tanto aos titulares do local como aos clientes a seguridade" declarou o presidente da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2021 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, instou este venres ao Goberno central a modificar a normativa para poder reabrir o lecer nocturno en vista da evolución da pandemia.

Non en balde, incidiu que o peche foi "unha decisión" do Executivo que dirixe Pedro Sánchez ratificada no Boletín Oficial do Estado (BOE) "de agosto de 2020", polo que, mentres non se cambie, as comunidades, aínda que quixesen, "non" poderían "abrir ningún local".

Ditas manifestacións realizounas o presidente do Goberno autonómico durante a visita que realizou ás obras de ampliación do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde abundou que no caso de Galicia é preparar o terreo para cando se dea dita autorización.

"O que estamos a facer é preparándonos para que unha vez que teñamos autorización, ir abrindo os locais de lecer nocturno cun protocolo que garanta tanto aos titulares do local como aos clientes a seguridade", argumentou, para engadir que este tipo de negocios "levan unha maior interacción social e, por iso, un maior risco".

Feijóo aludiu á programación de "unha experiencia piloto, cun establecemento por cada territorio, con varios voluntarios, para aplicar un protocolo" que, segundo Feijóo, "é bastante esixente, desde o punto de vista de aforamentos e do comportamento".

Persoas nunha terraza. Foto de arquivo.. Kike Rincon/Europa Press / Europa Press
Persoas nunha terraza. Foto de arquivo.. Kike Rincon/Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta