Un motorista ferido logo de chocar contra un sinal en Pontevedra

Foi necesaria a intervención do persoal de mantemento de estradas para limpar os restos de aceite da moto accidentada.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 21/05/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

Un motorista resultou ferido grave ao saírse da vía e chocar contra un sinal na estrada N-550, en Pontevedra. Segundo informa o 112 Galicia, o accidente tivo lugar antes das 16,00 horas, cando circulaba na rotonda do Pino, á altura de Salcedo.

Un particular avisou ao 112. Así se mobilizou a profesionais sanitarios, que evacuaron ao ferido. Igualmente, avisouse a axentes de Tráfico, bombeiros e Protección Civil, entre outros.

Foi necesaria a intervención do persoal de mantemento de estradas para limpar os restos de aceite da moto accidentada.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta