"Lingua viva", unha plataforma comunitaria para mostrar a variedade e a riqueza do galego

Investigadores da Universidade de Santiago poñen en marcha este proxecto no que os cidadáns poderán aportar o seu xeito particular de falar a nosa lingua a través de diferentes formas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/05/2021 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

"Lingua viva" é unha iniciativa que busca conformar un "corpus" que represente de maneira axeitada a variedade e vitalidade da nosa lingua a través das distintas achegas dos cidadáns, que poderán aportar o seu xeito particular de falar en galego con palabras, audios, expresións, conversas de whatsapp... O proxecto conta co apoio do programa de micromecenado "Sumo Valor" da USC, amparado polo Consello Social presidido por Cecilia Sierra.

A investigadora principal de 'Lingua viva', Elisa Fernández.
A investigadora principal de 'Lingua viva', Elisa Fernández.

 

Unha das liñas deste programa céntrase no apoio a actividades de investigación, facendo

así partícipe á sociedade en proxectos científicos propios da Universidade de Santiago

enfocados á procura dun desenvolvemento sustentable mediante accións innovadoras e

de vontade social. Empresas e particulares poden colaborar con estas investigacións

mediante microdoazóns por valor non superior aos 3.000 euros, xa sexa unha cantidade

monetaria ou un ben. 

 

Un dos proxectos que poden recibir financiamento dentro desta liña de micromecenado é precisamente o coordinado pola profesora Elisa Fernández Rey desde o Instituto da Lingua Galega (Ilga). Baixo o título "Lingua viva", preténdese poñer en marcha unha plataforma que

permita recoller o patrimonio lingüístico galego mediante un método colaborativo coa

cidadanía.

 

Esta plataforma en liña incorporará distintas vías para levar a cabo a recollida do legado

lingüístico, que pode ir desde a doazón de palabras e expresións ata o envío de audios ou

vídeos, conversas de whatsapp ou a participación en experimentos de produción ou

percepción lingüística.

 

“Por exemplo, a xente pode achegar as distintas expresións que emprega para amosar enfado, xa sexa a través dunha gravación, texto escrito… e con todo ese material obtense unha representación gráfica na que se reflicten as diversas expresións que se usan segundo a idade ou o sexo, poñamos por caso”, explican os investigadores do Ilga.

 

“A idea é que a cidadanía achegue información, pero que tamén poida comprobar como a

fala cambia segundo distintos parámetros. As linguas están vivas porque están en continuo movemento e cambio, e precisamente iso é o que as converte en instrumentos tan eficaces para nos entendermos e nos comunicarmos”, apunta Fernández. Por outro lado, tal e como explica a investigadora, “o recurso ofrecerá visualizacións dos datos que se vaian achegando, co fin de que as persoas que doan coñecemento lingüístico teñan un retorno e poidan ver como a súa doazón contribúe e enriquece a presentación dos datos en gráficos, mapas ou outros métodos de visualización”.

 

RELEVANCIA DA INVESTIGACIÓN LINGÜÍSTICA

 

Elisa Fernández manifesta que “a investigación no eido da comunicación en xeral e da

lingüística en particular ten cada vez máis importancia nun mundo no que se comunica

tanto a través de tantos medios distintos, usando moitas veces tecnoloxías que están en

continua mudanza. Movemos grandes volumes de información usando a lingua, de xeito

que estas investigacións pódennos axudar a xestionar mellor a información e a aprender

máis de como nos comunicamos para entendernos mellor”.

 

Nesta liña, a investigadora da Universidade de Santiago pon de relevo que “é fundamental

que os cidadáns se animen a participar tamén nas investigacións de carácter lingüístico a

través de pequenas doazóns económicas porque a lingua é de todos, é un ben que nos

pertence a todos por igual e os resultados destes proxectos representan un beneficio para o conxunto da sociedade”.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Os do ILG acham que chegou o momento! O momento de demostrar que o galego vivo é o castelhano? Os áudios gravados pelo ILG a finais dos 70, já não são valem por serem demasiado galegos? Os do ILG só querem atopar argumentos para justificar sua normativa do “galtrapo = galego mal falado por castelhano falantes” porque para eles o galego culto é o que se fala em Valladolid.