O BNG contra o "lobby eléctrico": "Eles gañan e perden os consumidores"

Esixe cambios na tarifa e un IVE do 4% para a luz": "Pasar o ferro ás doce é o que entenden por conciliar".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2021 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, plantouse este luns xunto á maioría de deputados do grupo parlamentario ante a sede de Naturgy en Santiago de Compostela para anunciar o impulso de iniciativas en contra da nova tarifa eléctrica que entra en vigor o 1 de xuño. Así, anunciou unha batería de iniciativas para reclamar, entre outras cuestións, que se reduza o IVE ao 4 por cento fronte ao 21 por cento actual, posto que é un ben de "primeira necesidade" e "non un artigo de luxo".

En declaracións aos medios, Pontón denunciou que "a maneira que entende o Goberno e as eléctricas de conciliación" é que haxa que pór "o lavalouzas, o forno, cociñar ou pasar o ferro ás doce da noite" e alertou de que esta situación, de novo, afectará especialmente as mulleres", posto que aínda recae nelas de forma maioritaria este tipo de tarefas domésticas.

A deputada nacionalista denunciou que o "lobby eléctrico gaña" mentres que a economía da mediana e pequena empresa e das familias veranse afectadas. "A maioría das persoas verán como se encarece a factura da luz e se queren aforrar haberá que levar adiante un cambio de hábitos de vida", censurou.

Pontón, que lamentou o "novo pasou atrás na conciliación e as trabas que, unha vez máis, serán as mulleres quen as paguen", denunciou que ademais de prexudicar ao conxunto da cidadanía, afectará especialmente os sectores" como o da gandaría (con 3.000 explotacións neste país), a hostalaría e, "en definitiva", á maioría de consumidores galegos que verán como se encarece a factura.

BATERÍA DE INICIATIVAS

Así as cousas, o BNG impulsará unha batería de iniciativas "para eliminar os aspectos lesivos da reforma", volverá reclamar unha tarifa eléctrica galega e un novo sistema impositivo para que a factura, en lugar do 21 por cento e "impostos inxustos", reflicta unha tarifa máis baixa cun 4 por cento de IVE.

Ademais, para os nacionalistas é necesario que se "eliminen" os impostos especiais na tarifa eléctrica, os cales "encarecen de forma artificial" o prezo real da enerxía.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en declaracións aos medios este luns
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, en declaracións aos medios este luns | Fonte: Europa Press

VACINACIÓN

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu que a estratexia debe de ser neste momento "acelerar todo o que se poida a campaña de vacinación", porque é "a medida máis eficaz para loitar contra o virus".

"E é evidente que se temosbos datos e a vánzase na campaña de vacinación, o lóxico é que se vaian tamén desescalando as medidas restritivas", sinalou ao ser preguntada pola relaxación de restricións que se prevén en próximas datas.

Iso si, avogou por manter todos os pasos "con prudencia". "O importante é non tneer que dar ningún paso atrás, que non botemos pola borda o esforzo feito", remarcou, antes de sinalar que a prudencia é "a mellor receita" para a xestión da pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Breixo Avella

Que razón tes, a ex fpg semella unha figurante

2 Beirismo

A ex FPG queda ben coma figuración

1 Roxalia

Que ben está Alexandra Fdez. no seu papel de decorado. Estupenda.