Exmembros de valoración de incapacidades do INSS na Coruña serán xulgados por presunta prevaricación

O proceso celebrarase, segundo a CIG, por un informe que revogou a incapacidade absoluta a un traballador que sofre unha intoxicación grave por mercurio e quedou nunha situación de "total indefensión".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 24/05/2021 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O Xulgado do Penal número 3 da Coruña celebrará este martes, ás dez da mañá, o xuízo contra persoas que en 2014 formaban parte do Equipo de Valoración de Incapacidades (EVI) do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) nesta cidade por presunta prevaricación administrativa, segundo informa a CIGEn concreto, a central sindical explica que o xuízo se celebrará "por revogar a incapacidade absoluta permanente a un traballador que sofre unha intoxicación grave por mercurio".

Ao xuízo chégase despois de cinco anos de fase de instrución por mor da denuncia presentada polo afectado, en agosto de 2014, contra o EVI, o INSS e a doutora -xa falecida- "que elaborou o informe que serviu de base para a revogación da súa incapacidade ao declaralo apto para traballar".

"A pesar das gravísimas patoloxías que padece e da forte medicación que ten que tomar pola intoxicación derivada do seu traballo en contacto con vapor de mercurio", engade a CIG. Ademais, expón que se lle deixou nunha situación de "indefensión" ao retirarlle "a pensión que percibía cando xa non tiña dereito nin a reincorporarse no seu posto nin a cobrar unha prestación por desemprego".

Na actualidade, o denunciante ten concedida a incapacidade permanente total por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que recoñeceu "o carácter profesional da súa enfermidade".

No entanto, segundo explica a CIG, o seu obxectivo é que "a súa loita sirva para evitar que outros traballadores e traballadoras con graves problemas de saúde se vexan obrigadas a vivir situacións similares".

O secretario da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, e a responsable da automoción da federación, María Xorsé García, en rolda de prensa en Vigo.. CIG
O secretario da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, e a responsable da automoción da federación, María Xorsé García, en rolda de prensa en Vigo.. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta