InterRías constata en Fitur a fortaleza do sector turístico para acelerar a reactivación do mercado

A empresa foi distinguida cun dos premios 'Comprometidos co Turismo Sustentable' outorgados pola revista Aire Libre.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2021 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Viajes InterRías destacou este luns que puido constatar en Fitur a fortaleza do sector para contribuír a unha rápida recuperación do mercado, sobre todo pola confianza que a vacinación está a xerar nun cliente "desexoso de viaxar".

O turoperador galego cre que esta reactivación se notará sobre todo no turismo doméstico, pois esa tranquilidade será maior canto máis próximo estea o punto de orixe do viaxeiro. A cita anual máis importante para o sector turístico en España tivo nesta ocasión un significado moi especial para a empresa de Sanxenxo, pois foi distinguida cun dos premios Comprometidos co Turismo Sustentable outorgados pola revista Aire Libre no marco do I Congreso Internacional de Economía Creativa para o Desenvolvemento Sustentable no Turismo.

A distinción resaltou "o crecemento e liderado" do turoperador " seguindo sempre criterios ambientais, como o traballo con medios de transporte de última xeración ou a promoción de destinos e recursos protexidos e con garantías de rexeneración e respecto á integridade".

Representantes de InterRías en Fitur.. INTERRÍAS
Representantes de InterRías en Fitur.. INTERRÍAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta