A Coruña prepárase para o verán e retira a duna de protección da praia de Riazor

Os traballos durarán entre cinco e seis días.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/05/2021 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña iniciou os traballos para retirar a duna de protección da praia de Riazor de face á tempada estival, segundo informa.

A Concellaría de Medio Ambiente está a instalar ramplas nos areais de Oza e San Amaro para garantirlles a accesibilidade ás persoas con diversidade funcional. A concelleira da área, Esther Fontán, confirmouno este luns tras iniciarse os traballos para retirar a duna que se coloca cada ano no areal de Riazor como barreira de protección.

Os traballos estarán terminados en cinco ou seis días dependendo da climatoloxía, segundo expuxo de face ao comezo da tempada o próximo 15 de xuño.

Instalación da duna na praia de Riazor. ANDY PEREZ
Instalación da duna na praia de Riazor. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta