CCOO denuncia a escolla "a dedo" das brigadas de investigación forestal

O sindicato critica a falta de diálogo da Administración á hora de crear a nova unidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2021 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCCO critica a falta de diálogo da Consellería do Medio Rural, que consideran que "venden dume" coas brigadas de investigación forestal. A brigada, composta por 15 axentes, foi anunciada nos medios de comunicación, unha unidade que o sindicato considera que "vulnera todos os principios que rexen a función pública, pois non respecta nin a igualdade, nin o mérito, nin a capacidade e, moito menos, a publicidade".

Un bombeiro apaga un incendio
Un bombeiro apaga un incendio | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

As brigadas de investigación forestal serán detraídas do corpor actual e "escollidas a dedo", algo que critica o sindicato, recordando que a Xunta sinalara nos seus informes que se crearían 37 prazas novas, mentres que a Xunta só anunciou 15. 

A Federación de Servizos á Cidadanía  de CCOO lembra que o cadro de persoal é o mesmo dende os anos 80, polo que advirten do envellentamento deste, pois segundo os informes da Xunta a media de idade supera os 55 anos. Ante isto, o sindicato apunta que é necesaria unha renovación xeracional, así como critica que o modelo de actuación desta nova brigada "xa se probou nos anos 80 e foi un fracaso". 

CCOO considera unha falta de diálogo por parte da Administración ante as solicitudes de reunión por parte do sindicato, e que o Conselleiro de medio Rural "despreza o diálogo cos axentes sociais"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta