A Xunta apela ao "consenso" da Cámara sobre a futura PAC, pero a oposición ve unha "tomadura de pelo"

O conselleiro de Medio Rural reclama ao Goberno central un trato "equitativo" e que se primen ás pequenas explotacións.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/05/2021 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, apelou ao "consenso" dos grupos da Cámara galega para alcanzar un "acordo de mínimos" de cara á negociación da futura Política Agrícola Común (PAC) ata 2027, antes de que se celebre o 11 de xuño unha reunión da conferencia sectorial monográfica, convocada polo ministro de Agricultura, Luís Planas.

O conselleiro do Medio Rural, José González, comparece sobre a PAC no Parlamento
O conselleiro do Medio Rural, José González, comparece sobre a PAC no Parlamento | Fonte: Xoán Crespo - Xunta.

Nunha comparecencia no pleno do Parlamento, explicou que Galicia xa conta co "consenso" das comunidades da cornixa cantábrica --Asturias, Cantabria e País Vasco--, organizacións agrarias e cooperativas en defensa dun modelo de PAC que prime as pequenas explotacións con axudas directas, aínda que demanda que haxa un acordo político para reforzar esa posición.

Con todo, o deputado socialista Martín Seco tachou de "tomadura de pelo" que o conselleiro busque un acordo "a 15 días" de que se peche a negociación, despois de que "non tivesen o valor" de presentar a proposta galega nin o documento pactado co resto de autonomías.

Nesta posición coincidiu Carmen Aira (BNG), quen afeou a José González que fale de consenso "cando isto está case rematado", á vez que se queixou de "falta de información" do Goberno galego aos grupos.

Na súa toma da palabra, o conselleiro demandou ao Goberno central maior transparencia por parte do Ministerio de Agricultura respecto da nova PAC, de forma que urxe a coñecer o mapa por comunidades co número de dereitos, hectáreas elixibles e importe asignado coa contía inicial en 2023.

Aquí, volveu pedir ao Goberno un trato "equitativo" entre comunidades na definición de superficies con dereito a cobro da Política Agrícola. E é que se queixa dunha PAC de "marcado carácter mediterráneo", no que observa un "agravio intolerable".

A Xunta advirte de que as comunidades de Valencia, Murcia e Galicia son as que teñen unha menor porcentaxe con dereito a axudas da PAC no tocante a superficie agraria útil. Con todo, advirte de que as dúas autonomías mediterráneas van ver resolto este déficit a través da incorporación de froiteiras.

Por tanto, o conselleiro esixe que, da mesma maneira que este déficit se vai corrixir para Valencia e Murcia, se faga o mesmo con Galicia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta