Goberno central, Xunta e Concello asinan o convenio para o desenvolvemento da intermodal da Coruña

É o impulso definitivo para a execución das actuacións previstas.

Por E.P. | A Coruña | 25/05/2021 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos; a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinaron o convenio para o desenvolvemento da área de intermodalidade de transporte de viaxeiros da Coruña, nun acto tamén coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, e celebrado na sede ministerial, en Madrid.

O ministro de Transportes, José Luís Ábalos, preside a frma do convenio para a estación intermodal da Coruña  nun acto coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a alcaldesa Inés Rey, e a presidenta de Adif,  Isabel Pardo de Vera
O ministro de Transportes, José Luís Ábalos, preside a frma do convenio para a estación intermodal da Coruña nun acto coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a alcaldesa Inés Rey, e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera | Fonte: Europa Press.

Desde o Ministerio, sublíñase que a firma "supón o impulso definitivo para a execución das actuacións previstas, que inclúen a remodelación da estación ferroviaria da Coruña, a construción dunha terminal de autobuses adxacente e diversas actuacións de mellora da permeabilidade urbana".

O convenio inclúe a remodelación da actual estación ferroviaria da Coruña; a execución dunha estación de autobuses e a coordinación entre ambas as obras, entre outras actuacións.

A estación de autobuses ocupará o espazo que, situado dentro do recinto actual da estación ferroviaria, está delimitado ao noroeste pola avenida Sardiñeira e ao sueste polas vías do tren. A remodelación da avenida do Ferrocarril e a avenida Sardiñeira, así como os nodos de conexión, incluíndo un paso inferior entre a avenida do Ferrocarril e o futuro aparcadoiro baixo a nova estación de autobuses.

Tras o acto, a alcaldesa, Inés Rey, remarcou que "o diálogo co resto de administracións dá os seus froitos", dixo sobre un proxecto cun custo próximo aos 80 millóns e que está previsto que sexa cofinanciado con fondos europeos.

O texto acordado establece que Adif se encargará da parte da infraestrutura ferroviaria mentres que a Xunta construirá a nova terminal de autobuses.

Mentres, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade solicitou a "máxima axilidade administrativa" para incorporar á cidade da Coruña ao mapa de intermodalidad.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta