O Concello de Ourense solicita vixilancia non uniformada para protexer as vítimas de violencia machista

Pedirá tamén esta medida á Subdelegación do Goberno para controlar os parques caninos.

Por E.P. | Ourense | 25/05/2021 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense informou este martes de que solicitará á Subdelegación do Goberno vixilancia non uniformada para o programa VioGen e para os parques caninos.

Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533
Violencia machista / Macnolete en Flickr www.flickr.com/photos/macnolete/2599959533

No ano 2019, o rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, fixera o simulacro de abandonar o programa VioGen, presente no Concello desde o 2011, pola "escaseza de efectivos", afirmando que non dispuña de recursos suficientes "para levar o tema coa dignidade que se requiría".

Unha decisión que tan só un par de días máis tarde rectificou incorporando o axente municipal encargado do programa ao grupo de policías nacionais dedicados a este servizo.

Agora, propuxo na Xunta de área de Servizos Sociais solicitar á Subdelegación do Goberno que se poida prestar, como parte dese programa, o servizo de custodia e protección das vítimas de xénero de forma non uniformada, co fin de evitar estigmatizar as vítimas.

Así mesmo, na xunta de área tratouse a situación dos parques caninos volvendo pór o foco na vixilancia polos casos de cebos con alfinetes, que puxeron en perigo a vida de varios cánidos, chegando a producir a morte dun o pasado xaneiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta