O inventario forestal continuo serve para ter un monte "innovador e sustentable" segundo a Xunta

O conselleiro de Medio Rural, José González, lembrou que o Inventario cumpre coa necesidade dunha actualización progresiva das medicións establecida polo Consello Forestal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2021 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, reivindicou este martes a importancia do Inventario Forestal Continuo para avanzar "cara a un monte innovador, sustentable, ordenado e xestionado activamente" ao amparo do Plan Forestal de Galicia 2021-2040.

Agradecendo o labor das universidades de Santiago e Vigo --que traballan coa Xunta desenvolvendo esta iniciativa--, remarcou que o Inventario permitirá contar cun sistema de monitorización propio das masas forestais que constitúen o monte galego e da súa evolución.

Á vez que fixo fincapé no consenso e na colaboración como catalizadores do Inventario Forestal Continuo, o conselleiro lembrou que un 69% da superficie do territorio galego é forestal, un sector crave para o rural galego.

Deste xeito, segundo apuntou, coñecer a realidade desa superficie permitirá avanzar nunha mellora da súa xestión, facendo diagnoses adecuadas para a toma de decisións tanto públicas como empresariais.

Na súa intervención, o conselleiro lembrou que o Inventario cumpre coa necesidade dunha actualización progresiva das medicións establecida polo Consello Forestal, así como coas recomendacións do ditame co que se pechou a comisión para a prevención de incendios que traballou na Cámara autonómica.

José González foi o encargado de inaugurar a xornada, acompañado, entre outros, do reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, e do da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.

O conselleiro do Medio Rural, José González. XOÁN CRESPO
O conselleiro do Medio Rural, José González. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta