Os encoros galegos teñen menos auga que o pasado ano a pesar das chuvias de maio

Están ao 77,5%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2021 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

Os encoros galegos almacenan 2.729 hectómetros cúbicos, o que representa case un 77,5 % da súa capacidade total --3.714 hectómetros cúbicos--, de acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Esta cifra representa un incremento de 122 hectómetros cúbicos respecto da semana anterior, cando a reserva hidráulica galega acumulaba 2.607 hectómetros cúbicos, un 70,2 % respecto ao total.

Actualmente, os encoros da conca de Miño-Sil, a máis caudalosa, atópanse ao 71,8 % da súa capacidade ao contar con 2.176 hectómetros cúbicos. Esta cantidade supón un incremento respecto da semana previa (+63 hectómetros cúbicos) pero un descenso en relación ao ano anterior na mesma época e á media dos últimos 10 anos.

No que refire a os encoros de Galicia Costa, levan 553 hectómetros cúbicos, o 80,9 % da súa capacidade total. Trátase dunha cifra tamén superior á semana pasada, cando había 494 hectómetros cúbicos, pero inferior ás cifras de hai un ano e da última década.

Encoro de Chandrexa de Queixa
Encoro de Chandrexa de Queixa | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta