Oleiros, A Coruña e Santiago son os únicos municipios galegos no top 50 con máis renda de España

Ferrol é o concello con peor taxa de actividade do país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2021 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Oleiros (posto 21), A Coruña (46) e Santiago (48) son o tres únicos municipios galegos no top 50 de España con maior renda anual por habitante, segundo figura nos Indicadores Urbanos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pozuelo de Alarcón (28.326 euros) encabeza esta lista que emprega datos de 2018. Pola súa banda, Oleiros conta cunha renda anual por habitante de 16.170 euros, mentres A Coruña (14.106) e Santiago (13.950 euros) están a máis distancia. Ademais, ningún concello galego está no top 50 de menor renda.

Así mesmo, nesta estatística pódense observan diferentes indicadores. Por exemplo, entre os municipios con menor taxa de paro están Lugo (posto 13) e Santiago (14), que contan cunha taxa do 10,1% e 11%, respectivamente.

En cambio, Ferrol é o concello con peor taxa de actividade do país (do 49%). Tamén Ourense ocupa o noveno peor posto, co 51,4%. Pola súa banda, hai ata catro municipios galegos no top 15 de menor número medio de fillos por muller: Ourense (posto 9), Ferrol (11), Vigo (14) e A Coruña (15). Nos catro casos a media é de pouco máis dun fillo.

ÁREAS METROPOLITANAS

Ademais, o INE ofrece datos por áreas metropolitanas, máis aló de municipios. Deste xeito, a área da Coruña é a décima de España con maior renda (13.437 euros).

Así mesmo, a área de Vigo é a sétima con maior proporción de emprego na industria, co 19,2%, mentres que aquí a área de Ferrol ocupa o décimo posto (17,8%).

Golf Xaz, en Oleiros. REMITIDA (GOLF XAZ)
Golf Xaz, en Oleiros. REMITIDA (GOLF XAZ) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta