As salas de concertos advirten de novos peches e piden axudas ante un "ano máis duro"

Destacan nun informe "os múltiples efectos beneficiosos" que teñen tamén "no aspecto turístico e social" para unha localidade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/05/2021 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Salas ao Vivo (Clubtura) presentou este mércores na Deputación da Coruña un informe que sinala a importancia económica e cultural das salas e reclamou axudas ante unha "un ano máis duro".

O informe 'Estudo sobre as salas de concertos na provincia da Coruña' foi presentado polo deputado de Cultura Xurxo Couto; o presidente de Clubtura, Alberto Grandío; e o secretario desta entidade Tomás Legido, que foi o encargado de debullar o documento.

Legido explicou que "o estudo pon de manifesto os múltiples efectos beneficiosos que ten a existencia das salas de concertos no aspecto cultural, turístico, social e económico para unha localidade".

Segundo sinalou o secretario de Clubtura, a cultura supón "o 3% do PIB de Galicia" e as salas xeran diñeiro "directo e indirecto", por exemplo con consumicións na hostalaría próxima, noites de hotel ou impresión de carteis. Ademais as salas de concerto serven para dar a coñecer a grupos locais e son "lugares de creación", destacaron, nos que estes mesmos grupos ensaian durante a semana.

Tomás Legido lamentouse do estancamento das salas na provincia da Coruña na última década, con só tres novas aperturas e tres salgas que pecharon as súas portas.

COLABORACIÓN

Pola súa banda, Alberto Grandío sinalou que o informe "busca facerlles ver ás administracións que colaborar na creación e mantemento de salas de concertos é un investimento en cultura e na cohesión social de cada euro público que se achegue".

Así, o presidente de Clubtura lembrou que este ano foi "máis duro" ao non poder programar nada, e en relación a isto Tomás Legido advertiu que aínda que abran proximamente, moitas salas poden acabar pechando ao non poder afrontar os pagos.

Presentación na Deputación da Coruña dun informe sobre a situación das salas de concertos.. E-ME COMUNICACIÓN
Presentación na Deputación da Coruña dun informe sobre a situación das salas de concertos.. E-ME COMUNICACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta