O Concello da Coruña apoia a iniciativa da Confederación de Empresarios para que o Camiño Inglés sexa Patrimonio Mundial

Por E.P. | A Coruña | 26/05/2021 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña sumouse á iniciativa da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) para lograr que o Camiño Inglés sexa Patrimonio da Humanidade. Así llo trasladou o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, ao presidente da CEC, Antonio Fontenla, nun encontro que mantiveron no consistorio coruñés.

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, manteñen unha reunión no consistorio
O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, manteñen unha reunión no consistorio | Fonte: Andy Pérez - Concello da Coruña.

O concelleiro trasladoulle ao presidente da patronal coruñesa o apoio do goberno municipal á iniciativa, "que suporá novas oportunidades para a promoción turística da nosa cidade".

O Concello, dixo, impulsará todas as actuacións que se poñan en marcha para conseguir este recoñecemento por parte da Unesco. Con el, xa foron distinguidas outras rutas de peregrinación a Santiago de Compostela como son o Camiño Francés, o Camiño Primitivo e o Camiño do Norte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta