Darias avisa de que están aumentando os contaxios de covid-19 en menores de 50 anos

"A nivel xeral está a producirse un estancamento do descenso, o cal está moi influenciado polos contaxios en grupos de poboación por baixo dos 50 anos", di a ministra de Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 26/05/2021 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, avisou de que os contaxios de coronavirus en menores de 50 anos están a se incrementar "lixeiramente", o que provoca que se reduciu a tendencia descendente de transmisión do virus que viña observando nas últimas semanas.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias  Europa Press
A ministra de Sanidade, Carolina Darias Europa Press

As comunidades autónomas notificaron este mércores ao Ministerio de Sanidade 5.007 novos casos de COVID-19, 2.579 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son inferiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 6.080 positivos. Ademais, a incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 126,30, fronte a 128,12 onte.

Neste sentido, a ministra detallou que en tres comunidades autónomas está a observarse un leve aumento da transmisión, en cinco a pandemia está estabilizada e no resto a curva de descenso de contaxios reduciuse.

"A nivel xeral está a producirse un estancamento do descenso, o cal está moi influenciado polos contaxios en grupos de poboación por baixo dos 50 anos, onde se está observando un lixeiro incremento na transmisión do virus, mentres que nos maiores de 50 hai unha tendencia descendente", salientou Darias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta