Temas: AUDIOVISUAL

Galicia, Cataluña, Euskadi, Canarias e Navarra crean a Rede Española de Clústeres Audiovisuais

Buscan sumar esforzos na cadea de valor do sector.

Por E.P. | Madrid | 26/05/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A Rede Española de Clústeres Audiovisuais (REDCAU) comezou a súa andaina este mércores con Rosa García Loire como primeira presidenta e co obxectivo de "sumar esforzos en toda a cadea de valor da industria audiovisual e dinamizar os segmentos do sector, con eixos de acción que se aliñan perfectamente cos do Plan España, Hub audiovisual de Europa".

Parte da rodaxe do primeiro documental sobre videopoesía, versogramas.
Parte da rodaxe do primeiro documental sobre videopoesía, versogramas.

Así o explicou a propia Rosa García Loire durante a presentación da REDCAU, que contou coa presenza do secretario de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Roberto Sánchez; a directora xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación, Adriana Moscoso; e a directora xeral do Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisual (ICAA), Beatriz Navas.

Rosa García Loire, tamén presidenta do Clúster audiovisual de Navarra, explicou que a REDCAU "empezou a proxectarse hai xa un ano, desde o primeiro confinamento pola pandemia" e engadiu que esta unión de cinco clústeres audiovisuais (Cataluña, Galicia, Euskadi, Canarias e Navarra) está aberta á incorporación doutros clústeres do Estado que "contribúan ao desenvolvemento do sector, con retos e cambios constantes, e cada vez máis rápidos".

A REDCAU nace pola unión de cinco clústeres autonómicos que representan a máis de 700 empresas, institucións e asociacións

Temas: AUDIOVISUAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta