O 27% dos galegos xa ten a pauta completa de vacinación

Máis da metade dos galegos susceptibles de vacinar contra a Covid-19 xa recibiu polo menos unha dose.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Máis da metade dos galegos susceptibles de vacinar contra a Covid-19 xa recibiu polo menos unha dose, mentres que case o 27 por cento conta coa pauta completa, que supoñen 613.442 persoas.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade --con rexistros ata o peche da xornada de vacinación deste mércores-- no 'Cronómetro de vacinación', recollidos por Europa Press, nos que se reflicte que foron administradas 1.787.146 dose --25.044 máis que a xornada anterior-- das 1.881.335 recibidas --tras incorporar este mércores 49.140--, que supoñen o 94,99 por cento.

No conxunto de Galicia 613.442 persoas contan coa pauta vacunal completa, 771 máis que a xornada anterior, e supoñen o 26,96 por cento da poboación total a vacinar. Diso dedúcese que a xornada deste mércores centrouse en administrar primeiras doses.

Por grupos de poboación vacinados por condición de vulnerabilidade, administrouse polo menos unha dose a 13.759 persoas de alto risco (+59) e 12.056 completaron a pauta (+268); mentres que 17.559 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+43) e 15.907 contan coa pauta completa (+48).

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, vacinouse 130.356 persoas maiores de 85 anos (+56); 95.438 de 80 a 84 anos (+19); 132.570 de 75 a 79 anos (+37); 149.679 de 70 a 74 anos (+49); 149.867 de 65 a 69 anos (+24); 167.986 de 60 a 64 anos (+31); 172.842 de 55 a 59 anos (+1.868) e 79.137 de 50 a 54 anos (+22.291).

Por tanto, ata a data recibiron polo menos unha dose 1.077.875 persoas maiores de 50 anos en toda Galicia, que supoñen un 84,41% das susceptibles de vacinarse a partir desa idade.

A estas súmanse 30.954 persoas de 45 a 49 anos (+36), 27.899 de 40 a 44 anos (+22); 20.321 de 35 a 39 anos (+22); 16.319 de 30 a 34 anos (+25); 13.237 de 25 a 29 anos (+21); 7.179 de 20 a 24 anos (+10); 709 de 15 a 19 anos (+2) e un do grupo de 10 a 14 anos (sen cambios).

Indicacións para o punto de vacinación no Hospital Marítimo de Oza, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press
Indicacións para o punto de vacinación no Hospital Marítimo de Oza, na Coruña.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta