As Comunidades Enerxéticas poderían cubrir o 60% da demanda eléctrica total de España

Esta implementación supoñería un aforro de máis de 17 millóns de toneladas de CO2 ao ano.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Amigos da Terra fixo unha investigación na que analiza o potencial do autoconsumo fotovoltáico sobre cubertas e tellados, así como a capacidade das Comunidades Enerxéticas para xerar enerxía en toda España para o 2030. o informe conclúe que a través das Comunidades Enerxéticas pódese producir un terzo máis de enerxía que só co autoconsumo.

Comunidade de paneis - Amigos da Terra
Comunidade de paneis - Amigos da Terra

Amigos da Terra insta na necesidade que alcanzar un sistema eléctrico 100% renovable para o ano 2030 - e non só do 74% como marca o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima-. Para iso explican que ca autoprodución de enerxía das Comunidades Enerxéticas cubriríase case o 100% da demanda eléctrica dos sectores doméstico e terciario, o que quere dicir o 60% da demanda en España.

Tamén poñen de manifesto a necesidade de promover o autoconsumo fotovoltáico sobre tellado, sobre todo nas cidades. En Galicia nas provincias onde máis potencia se pode intalar é na Coruña e en Pontevedra, pola contra Lugo e Ourense están na cola. As Comunidades Enerxéticas teñen a vantaxe de que se adaptan tanto ao urbano como ao rural segundo os recursos cos que conta cada territorio e o seu contexto medioambiental e social.

Con esta implementación poderíase aforrar máis de 17 millóns de toneladas de CO2, o que se traduce en dar a volta á Terra en Coche 7,2 millóns de veces. "As Comunidades Enerxéticas son a peza clave para acelerar unha transición ecolóxica xusta" conclúe a responsable de Xustiza climática e enerxía de Amigos da Terra, Cristina Alonso Saavedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta