O biotecnólogo galego que inventou un dos tests covid máis precisos do mercado

Óscar de la Fuente, profesor en Pennsylvannia, vén de recibir un premio en recoñecemento polo seu labor ante a crise da covid.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Xunto coas vacinas, o principal mecanismo co que ata o momento se contou para facer fronte á pandemia de covid-19 foron, naturalmente, os tests diagnósticos: eses que tanto escasearon nun comezo e que, pouco a pouco, se foron convertendo nunha constante que está a axudar a manter baixo certo control a enfermidade; máxime no curso destas últimas semanas en que Galicia sostén un ritmo de descenso en casos e hospitalizados.

Unha investigadora traballa no laboratorio de Microbiología do Hospital Universitario de Badaxoz, a 15 de abril de 2021. Neste laboratorio realizan a secuenciación das mostras de coronavirus para confirmar algunhas das mutacións máis perigosas. JAVIER POLBO - Europa Press
Unha investigadora traballa no laboratorio de Microbiología do Hospital Universitario de Badaxoz, a 15 de abril de 2021. Neste laboratorio realizan a secuenciación das mostras de coronavirus para confirmar algunhas das mutacións máis perigosas. JAVIER POLBO - Europa Press

Por suposto, segue a haber problemas. E é que malia o espallamento dos tests de saliva, dispoñibles nas farmacias de varias provincias galegas, estes non son tan precisos como, por exemplo, as PCR tradicionais; que, en troques, adoitan resultar menos prácticas pola dilación da súa diagnose. 

Esta disxuntiva fiabilidade-tempo podería chegar á súa fin grazas ao traballo de Óscar de la Fuente, un biotecnólogo natural da Coruña e que actualmente exerce como profesor na universidade de Pennsylvannia. Nos últimos meses, de la Fuente conseguiu desenvolver un test cunha fiabilidade estimada do 90% e que, por riba, tan só emprega catro minutos en ofrecer un diagnóstico final.

Polo momento tan só está pensado para o mercado de EE.UU. Non obstante, este galego vén de ser recoñecido no seu traballo a prol da loita da pandemia cun premio da Fundación Princesa de Girona, que recoñece a "clara vontade por cambiar o mundo co seu traballo" e "por transmitir o seu exemplo a outros mozos que queiran escoitar". De la Fuente recibirá o premio en cuestión este día 27 ás 18:00 a través da canle de Youtube da fundación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta