Pontón, tamén contra cobro dunha plusvalía polas herdanzas en vida: "Galicia ten dereito a decidir"

A portavoz nacionalista defende que esta iniciativa supón unha invasión das "nosas competencias" e "non beneficia á maioría dos e das galegas".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/05/2021 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trasladou o rexeitamento desta formación ao cobro dunha plusvalía polas herdanzas en vida e defendeu que "Galicia ten dereito a decidir neste ámbito".

A preguntas dos xornalistas, tras un acto dos nacionalistas sobre os peiraos coruñeses, asegurou, ante a formulación do Goberno, que "estamos ante unha invasión das nosas competencias". "Que, ademais, non beneficia á maioría dos e das galegas". "Como xa anunciamos no Congreso, estamos en contra desta decisión que invade competencias e prexudícanos", sentenciou.

Sobre esta cuestión, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou tamén o seu rexeitamento ao proxecto de lei que pretende cobrar unha plusvalía a aqueles herdeiros que se desfagan de parte do recibido en vida dos seus proxenitores se aínda non faleceron. "Unha lei ilegal", cualificouna de chegar a aprobarse.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto no Parrote. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto no Parrote. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta