A comisión da estratexia de cambio climático convocarase en xuño para fixar as próximas liñas de actuación

A comezos do próximo mes de xuño a Comisión interdepartamental da Estratexia galega de cambio climático e enerxía, un órgano transversal no que están representados todos os departamentos da Xunta, analizará os datos sobre este ámbito.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

A Xunta convocará o próximo 8 de xuño a Comisión interdepartamental para o impulso e coordinación da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 para facer un balance do seu primeiro ano e medio en vigor, fixar as próximas liñas de actuación en Galicia e estudar as marcadas de face a 2030 para confluír coas da Unión Europea (UE).

Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que participou este xoves de modo telemático nunha reunión do Consello de Política Ambiental para Asuntos Comunitarios, convocada polo Goberno central para preparar o consello de ministros de Medio que se celebrará o 10 de xuño.

Mediante a reunión, buscouse fixar unha postura común das comunidades en relación á Estratexia de adaptación ao cambio climático da UE. A este respecto, a conselleira defendeu que as institucións europeas deben contemplar o coñecemento e a experiencia acumulados por Galicia e outras rexións para adoptar decisións que permitan dotar a Europa dunha estratexia que funcione e permita alcanzar os resultados esperados.

Ademais, lembrou que a Comunidade galega conta co seu propio plan fronte ao cambio climático, que xa alcanzou "resultados". Así, a comezos do próximo mes de xuño a Comisión interdepartamental da Estratexia galega de cambio climático e enerxía, un órgano transversal no que están representados todos os departamentos da Xunta, analizará os datos sobre este ámbito.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, participa por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Ambiental para Asuntos Comunitarios. CONCHI PAZ
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, participa por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Ambiental para Asuntos Comunitarios. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta