A Xunta propón a alcaldes crear unha comisión co Estado para mellorar a sustentabilidade do agro na Limia

Medio Rural quere procurar "unha actividade agrogandeira sustentable e con capacidade de xerar valor engadido na comarca".

Por E.P. | OURENSE | 27/05/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural proporá a creación dunha Comisión interdepartamental, con participación da propia Xunta e da Administración Xeral do Estado, orientada á mellora da xestión ambiental de explotacións gandeiras e do regadío na comarca ourensá da Limia.

Así llo trasladou esta tarde o titular deste departamento, José González, aos alcaldes da zona, cos que mantivo unha reunión de traballo, á que tamén asistiu a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.

A proposta recolle a incorporación a esta comisión das consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente, por parte da Xunta, e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, por parte da Administración Central.

Así mesmo, o conselleiro trasladou aos alcaldes que Medio Rural xa ten moi avanzado o borrador do Plan estratéxico do sector agrario da comarca e pediulles as súas achegas para completar e mellorar no posible este documento inicial, que será despois avaliado pola Mesa da Limia.

Segundo o conselleiro, este Plan supón, por parte da Xunta, reafirmar o seu compromiso co desenvolvemento sustentable dunha das comarcas galegas máis dinámicas en canto a produción agraria. Trátase, dixo González, de procurar "unha actividade agrogandeira sustentable e con capacidade de xerar valor engadido na comarca".

Restos de lodos en varias fincas do Val do Limia
Restos de lodos en varias fincas do Val do Limia | Fonte: MEL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta