Morre octoxenaria de Neda debido a un incendio na súa vivenda

Os servizos de emerxencia nada puideron facer por ela.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 28/05/2021 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

Unha muller octoxenaria veciña de Neda faleceu sobre as 6,30 horas deste venres, 28 de maio, por mor dun incendio que se declarou na súa vivenda, situada nun edificio emprazado en O Poulo número 5.

Á zona desprazáronse de inmediato os Bombeiros de Ferrol e do GES de Mugardos, ademais de equipos sanitarios de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida a esta muller.

Tamén se personaron na zona axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Neda, informaron fontes do dispositivo mobilizado por este incendio. Segundo informou o 112 Galicia, debido a este incendio ardeu unha habitación por completo e as demais estancias da vivenda resultaron afectadas o fume.

Ao lugar desprazouse unha comisión xudicial para o levantamento do cadáver e o seu traslado ao Hospital Naval de Ferrol onde se lle realizará a autopsia.

Unha ambulancia
Unha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta