Un recital honra a Xela Arias coas poetas que a acompañaron no 97 no "Daquelas que cantan"

No recital estarán Chus Pato, Ana Romaní, María Xosé Queizán, Yolanda Castaño e Pilar Pallarés.que

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2021 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

Casa-Museo Rosalía de Castro honra este sábado á protagonista do Día dás Letras 2021, Xela Arias, cun recital lírico que reunirá a cinco das poetas que en 1997 participaron xunto á escritora sarriá no proxecto "Daquelas que cantan", un libro-cd editado polo Padroado Rosalía de Castro con motivo do 50 aniversario do seu nacemento.

Este sábado na Casa da Matanza de Padrón daranse cita a cinco das once escritoras que hai case 25 anos acompañaron a Arias naquel "Daquelas que cantan", en torno ao que crearon poemas dedicados a Rosalía acompañados pola música de Rodrigo Romaní e baixo a dirección de Ana Branco.

Xela Arias foi unha desas once escritoras que particparon no proxecto xunto a Pura Vázquez, Luz Pozo Garza, María do Carme Kruckenberg, Xohana Torres, María Xosé Queizán, Helena Villar, Chus Pato, Pilar Pallarés, Ana Romaní e Yolanda Castaño.

Algunhas delas -Chus Pato, Ana Romaní, María Xosé Queizán, Yolanda Castaño e Pilar Pallarés- estarán xunto a Rodrigo Romaní este sábado en Padrón nunha cita prevista inicialmente para o pasado 8 de maio pero que tivo que ser posposta polo peche perimetral de Padrón debido ao estado epidemiolóxico do municipio coruñés.

O recital poderá seguirse a través da canle de Youtube de Cásaa-Museo Rosalía de Castro.

Xela Arias, á esquerda da imaxe, xunto ao once escritoras que en 1997 formaron parte do proxecto 'Daquelas que cantan'. CASA MUSEO ROSALÍA
Xela Arias, á esquerda da imaxe, xunto ao once escritoras que en 1997 formaron parte do proxecto 'Daquelas que cantan'. CASA MUSEO ROSALÍA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta