O comercio compostelán sairá á rúa entre o 3 e o 5 de xuño na súa "festa de primavera"

Paralelamente, o concello deseñou unha serie de activadades para acompañar "a festa" que van desde concertos a pasacalles, así como uns talleres de iniciación á artesanía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2021 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O comercio de Santiago vivirá a súa "festa de primavera" do 3 ao 5 de xuño, días nos que as tendas compostelás sacarán os seus produtos ás rúas da capital galega, que acollerán concertos e actividades como un taller sobre orfebería artesanal.

A presentación de 'Prima21. A festa do comercio local' tivo lugar este venres no Pazo de Raxoi, onde o rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e Lucía Castro, técnica da área de comercio, ofreceron os detalles dunha iniciativa que tivo o pasado ano a súa primeira experiencia.

Co ánimo de que esta cita se manteña como unha celebración vinculada ao comercio da cidade durante a primavera, esta iniciativa --xurdida da campaña 'Eu merco aquí'-- permitirá que os comercios de todos os barrios de Santiago saian á rúa sen necesidade de permisos.

Paralelamente, o concello deseñou unha serie de activadades para acompañar "a festa" que van desde concertos a bandas na rúa, así como uns talleres de iniciación á artesanía que será impartido por Ricardo Rivas, Manuel Tojo e Adonis Suárez.

A diferenza do ano pasado, os concertos non requirirán entrada previa, aínda que si se controlará o aforamento. O obxectivo é, segundo Bugallo, "recuperar certa normalidade desde o punto de vista do uso e goce das rúas da cidade" e revitalizar o comercio compostelán.

Rúa San Pedro, Santiago de Compostela
Rúa San Pedro, Santiago de Compostela | Fonte: Concello de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta