Alivio para as visitas turísticas: grupos de 20 persoas en exterior e de dez para monumentos en interior

Deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal salvo entre conviventes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2021 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

O aumento dos aforamentos en establecementos comerciais e outras actividades veu acompañado dun maior alivio para as actividades culturais e turísticas. Así, o Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle na súa edición bis deste 28 de maio que as visitas turísticas a monumentos ou museos poderán realizarse en grupos maiores.

Isto favorece, por exemplo, a actividade dos guías turísticos, xa que poderá haber grupos de ata 20 persoas non conviventes en exteriores e de dez persoas no caso de lugares pechados, como pode ser un monumento como a Catedral de Santiago ou unha aula de natureza.

Así, as normas recollen que as actividades de turismo ao aire libre organizadas por empresas habilitadas para iso poderán realizarse con "grupos de ata un máximo de 20 persoas máis o monitor", sexan ou non conviventes. Iso si, deberán buscarse distancias de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, salvo para os conviventes.

Ademais, nos centros de interpretación e visitantes, aulas de natureza, casetas e puntos de información de espazos protexidos e espazos similares, deberán respectarse o máximo de dez persoas en actividades grupales no interior e 20 no exterior.

Pola súa banda, nos concellos cos niveis máis baixos de restricións, as actividades culturais en arquivos, bibliotecas, museos e salas de exposicións, así como monumentos e outros equipamentos culturais, poderán realizarse actividades de ata dez persoas no interior e de 20 no exterior, sexan ou non conviventes.

Turistas en Santiago de Compostela (A Coruña)
Turistas en Santiago de Compostela (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta