Xunta e Concello de Santiago asinan a cesión do terreo para a residencia da Fundación Amancio Ortega

O centro ocupará dúas parcelas unificadas no Castiñeiriño que suman case 6.000 metros cadrados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2021 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago asinaron este venres a cesión do terreo no que se situará a futura residencia de maiores pública financiada e construída pola Fundación Amancio Ortega (FAO). Este novo centro de atención integral, que será unha referencia a nivel europeo, estará emprazado no bario do Castiñeiriño, na rúa Monte do Seixo.

Nun comunicado, a Xunta detallou que o alcalde da capital galega, Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario xeral de técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda, Jorge Atán, formalizaron este venres a cesión á Xunta, por parte do Concello, deste terreo composto por dúas parcelas unificadas que suman case 6.000 metros cadrados.

Segundo precisou a Consellería de Política Social nun comunicado, nun principio estaba prevista a construción deste centro no barrio de Fontiñas, pero esta nova localización presenta unhas mellores características para o desenvolvemento deste proxecto residencial con vocación de excelencia.

Así, esta nova residencia pública, cuxa construción financia e executa a Fundación Amancio Ortega, porá a disposición das familias 120 prazas públicas para persoas maiores e permitirá a creación de máis dun centenar de postos de traballo no ámbito dos coidados.

O centro de atención integral para maiores disporá dun equipamento punteiro que financiará a fundación. Ademais, conforme apuntou a Xunta, contará tamén con servizos innovadores, como unidades especializadas no tratamento do alzhéimer e outras demencias, que a converterán nunha das mellores residencias de Europa.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, Jorge Atán, asinan o acordo. XUNTA
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, Jorge Atán, asinan o acordo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta